viernes, 30 de enero de 2009

FOLGA


Devido a que nos vestuarios moito se fala do blog como se o seguirades todalas semanas e posto que nunca deixades un comentario salvo 2 ou 3 persoas, poñome en folga ata novo aviso. Por que conforme un esta todalas semanas intentando poñer algo de cada xornada, tamen gusta ver algun comentario sobre todo dos compañeiros e visto lo visto pois poñeme en folga. Se algun compañeiro neste tempo quere levar o tema que me avise.

miércoles, 21 de enero de 2009

Martin, Martin, Martin

Pois si señores, no ultimo suspiro este señor impediu que levasemos os 3 puntos, pero que se lle vai facer, os que o coñecemos sabe que no fai por mal que se engaña para os 2 equipos da misma forma. En fin hoxe a nos mañan a outros.
Metendonos de cheo no partido, foi un partido reñido hasta o ultimo minuto, empezaron eles poñendose por diante no marcador e levando bastante dominio do xogo no medio do campo, pero co gol despertamos e empezamos a metelos atras hasta que conseguimos remontalo partido e poñernos por diante 2-1. E despois de telo todo ben controlado nun erro infantil chegou unha falta en contra, ca que conseguiron marcar o gol do empate. Quedaban uns minutos pa poder levarnos o partido e fomos a por el, metendo o San Lorenzo na sua area, e no ultimo suspiro nun saque de banda longo e con 5 do San Lorenzo todos xuntiños estorbandose entre eles collemos un rechace que acabou dentro da porteria, pero anulado polo colexiado por falta cometida o porteiro, cando foi eles mesmos os que se estorbaron uns os outros. O final empate cun San Lorenzo que e moi dificil marcarlles gol. Agora toca gañar ou gañar o domingo.

martes, 13 de enero de 2009

PAL FRIO GOLES COMO SOLES


Mañan fria de novo en "Acialama" (cando secara o de herba?), no que a mesma terra do campo estaba conxelada, os de Leiloio debiulles pasar algo parecido por que pronto encarrilamos o partido. Un partido con pouca historia que o descanso xa tiñamos controlado 3-0 fallando moitas ocasions e sin que eles creasen perigo. Na segunda metade empezamos tontiños , debiu ser o calorciño do sol o descanso e demoslles moitos espacios, e nunha contra consiguiron marcar o gol do honor, o que fixo que despertasemos un pouco pra volver a dominar o encontro e marcar outros 2 goles mais. Partido con excelente comportamento por parte de ambos equipos o que lle facilitou moito a labor o arbitro.


Agora pa semana tocanos o San Lorenzo un rival correoso o que costa moito facerlles gol, pero esperemos que todas as que fallaron os nosos dianteiros este domingo (En especial un), fosen pa gardar algun goliño para os de Verdillo.