
Pois si señores, no ultimo suspiro este señor impediu que levasemos os 3 puntos, pero que se lle vai facer, os que o coñecemos sabe que no fai por mal que se engaña para os 2 equipos da misma forma. En fin hoxe a nos mañan a outros.
Metendonos de cheo no partido, foi un partido reñido hasta o ultimo minuto, empezaron eles poñendose por diante no marcador e levando bastante dominio do xogo no medio do campo, pero co gol despertamos e empezamos a metelos atras hasta que conseguimos remontalo partido e poñernos por diante 2-1. E despois de telo todo ben controlado nun erro infantil chegou unha falta en contra, ca que conseguiron marcar o gol do empate. Quedaban uns minutos pa poder levarnos o partido e fomos a por el, metendo o San Lorenzo na sua area, e no ultimo suspiro nun saque de banda longo e con 5 do San Lorenzo todos xuntiños estorbandose entre eles collemos un rechace que acabou dentro da porteria, pero anulado polo colexiado por falta cometida o porteiro, cando foi eles mesmos os que se estorbaron uns os outros. O final empate cun San Lorenzo que e moi dificil marcarlles gol. Agora toca gañar ou gañar o domingo.