Victoria merecida contra un gran Sofan que nunca dou o partido por perdido. Foi un partido de poder a poder no que se adiantaron eles na mais empezar, pero soubemos compoñernos e marcamos tres goles para ver si quedaban algo tocados. Pero foi o contrario votaronse adiante e nun despiste defensivo marcaron o segundo, que puido ser algun mais, gracias o bo partido feito defensivamente. E cando eles mais se volcaban nunha contra caeulles o cuarto. En resumen creo que un bo partido disputado de principio a fin e cunha gran deportividade por ambas partes.
Ahora toca disfrutar unha semaniña polo menos do liderato gracias o pinchazo do Coristanco.
A disfrutalo rapaces que unha vez o ano non fai dano. (Esperemos sea por mais tempo)

