martes, 23 de diciembre de 2008

VACACIONES

Os veteranos de Soandres queremos desexar a todolos compoñentes desta liga de veteranos, tanto xogadores, como arbitros, organizacion e como non tamen os afecionados que madrugan con todos nos, unhas Felices Festas e un Feliz Ano 2009

lunes, 15 de diciembre de 2008

Volven os triunfos




Volveron os goles e unha nova victoria, despois de 2 derrotas e un empate. Unha victoria ante un Corcoesto qu7e lle costa moito crear ocasions, pouco tardamos en poñernos por diante con un gol do noso pichichi Ton, pero os poucos minutos apareciu o Sr. "Rafanomejodas" pa regalarlles un penalty o Corcoesto que transformou Maracas, penalty deses que fan que a xente toda que pode haber nun campo quede ca boca aberta o ver o arbitro pitalo. Pero bueno destellos de "Rafanomejodas", as veces vale a pena poñer un cejo no campo e darlle os 50€ a el. Volvendo o partido (vamos deixalos arbitros non vaia a ser), cerca do descanso volvemonos a adiantar nunha boa triangulacion dos nosos atacantes.

Na reanudacion mais dominio noso e mais goles, marcamos o terceiro nun penalty cometido polo porteiro, que transformou o noso capi e xa co partido resolto chegou o cuarto nunha xogada que rematou con centro dende a liña de fondo pa que Eladio so no segundo pao rematase a placer coa cabeza.
Bueno pois por ultimo recordar que o domingo vamos a Coristanco e haber si podemos devolverlles o 0-2 do primeiro partido. Tamen decir que vos animedes un pouco a deixar alguns mensaxes que un tamen lle justa ver comentarios da xente e a poder ser que non sean sempre dos mesmos.

viernes, 12 de diciembre de 2008

Comenza a 2ª parte

Pois aqui tamos de novo, depois de duas derrotas e fin da 1ª volta, comenzamos a 2ª en Camariñas contra un Porteño que moito ollo a este equipo. Partido disputado de tu a tu e de principio a fin, un partido deses que a todo o mundo lle gustaria xogar. Foitan disputado que os dous equios se nos olvidou marcar, e sobre todo resaltar a excelente deportividade en ambos bandos. O mais contento de todos Miguel (o arbitro) cobrou 50€ por non facer nada. Dende aqui mandarlle un saludo os compañeiros do Porteño, unha polo trato e outra polo excelente partido que xogamos. Repito ollo a este equipo.

Este fin de semana toca na casa, posiblemente outra vez en "Acialama" contra un Corcoesto que empeza a collerlle o gusto a eso de puntuar. Esperemos que este finde semana non traian moitas ganas. Veña a ganar pa non descolgarse.

miércoles, 26 de noviembre de 2008

ACABOUSE A RACHA




Partido malo, malo, malo o xogado este dominjo en "ACEA LAMA", no que os nosos deronse conta que empezara o partido cando xa ian 15 min e perdiamos 0-1. A partir de ahi empezamos a dominar e a ter ocasion algunha delas muy claras, pero non eramos capaces de marcar, e asi chegamos o descanso. Na segunda metade o noso mister "Fernandao" ainda con aljo de sabor de boca dos beefeater con tonica do sabado puxo unha defensa de tres, e sejimos dominado neles, hasta que nunha contra fixeron o segundo coa colaboracion do noso porteiro. Foi neses momentos cando nos daba o mesmo perder por 2 que por 5 cando empezamos a metelos na sua area e nun barullo dentro da area marcamos o noso gol. Ainda habia esperanza de empatar faltaba moito e sejimolo intentando hasta que a falta de pouco tempo apareciu MARTIN, si ese pequeniño rejordete que se enjaña sempre e cobra 50€, e nun claro fora de xogo acaban a xogada marcando o terceiro. Quero decir que non temos nada en contra de Martin pois no fai por mal, enganase pa todolos lados, unhas veces tocanos a nos e outras os outros. Pero volvendo o partido creo que o resultado mais xusto seria un empate. O resto coma a maioria dos partidos, disputado de principio a fin e cun Vimianzo que xa sabemos como son, como diria Fito & Fitipaldis "Por la boca vive el pez". Pa semana tocanos o Corme se queremos volver o mais alto toca gañar, asi que xa sabedes.




Por certo, a directiva esta a traballar para identificar os olleadores que andaban na procura de fichaxes, aljuns dos presentes dudaban entre olleadores do Ponteceso ou do Cabana.


Tamos a espensas de identificalos, se alguen os conoce que deixe aviso.

lunes, 10 de noviembre de 2008

REVEN"TON"


Partido controlado de principio a fin contra un malpica peleon que o intentou de todalas maneiras. Unha primeira metade na que acabamos 1-2 con dous goles do noso PICHICHI Ton, na que poidemos marcar algun mais, o Malpica co 0-2 recortou distancias cun gol de Esmoris nun rechace do porteiro o saque dunha falta. No segundo tempo na mais empezar de novo Ton conseguia o terceiro, de ahi o final o Malpica intentaba recortar distancias e nos intentabamos matar o partido nalgunha contra. O final 1-3 que nos sirve pa reafirmalo liderato e tomar a xornada de descanso con mais tranquilidade. En xeral penso que foi un bo partido por ambas partes, cun colexiado pa min do mellor que nos podemos encontrar nesta liga, que levou o partido sen problemas durante os 90 minutos.

viernes, 7 de noviembre de 2008

A conquista de Malpica



Domingo as 11 da maña, dificil compromiso no campo de Pedra queimada, no que nos espera un Malpica con moitas gañas de tumbar o Lider, ali nos esperan con todo un arsenal, chagaron noticias o noso clube de que o Coristanco deixou un maletin coa prima por tumbar o lider. A sabendas do que se coce o maximo responsable de comite, o Señor Modesblater xa tomou medidas e designou a Isidrurizar Azpitarte como trencilla do encontro para que non se den motivos de amaño. Nos dende aqui xa temos a estragedia feita, que sera intentar ir a polo partido e despois intentar a joleada na cervexeria e tumbalos a cañas (vai ser jodido, eles son os que xojan na casa).

lunes, 3 de noviembre de 2008

Victoria con un terreo de xogo complicado

Partido no que conseguimos manter o liderato contra un Dep. Carballo e un terreo de xogo no que pouco futbol se podia practicar. Empezamos dominando todo o primeiro tempo con so duas chegadas con algo de peligro ( peligro mais ven creado polo estado do campo), cousa que eles non tiraron un so tiro a porteria, 0-0 e o descanso.

No segundo tempo salimos poñendolle un pouquiño mais de ganas, e aproveitando unha falta que poidemos sacar rapido, o noso capi puxo un balon perfecto a segundo pao pra que o noso central so tivese que empuxala coa cabeza. Con ese gol eles votaronse un pouca pra diante e nunha contra rapida o noso dianterio Jose Mari (pero sin coleta) e derrubado nun man a man co porteiro e caelles o segundo de penalty marcado polo noso capi. E de ahi ata o final destacar tres man a man que solventou ven o noso porteiro pra non ter que sufrir nos instantes finais.

Partido de esquisita deportividade por ambas partes, e victoria que nos serve para estar unha semana mais no mais alto.

martes, 28 de octubre de 2008

Derrubamos o muro de Sofan


Victoria merecida contra un gran Sofan que nunca dou o partido por perdido. Foi un partido de poder a poder no que se adiantaron eles na mais empezar, pero soubemos compoñernos e marcamos tres goles para ver si quedaban algo tocados. Pero foi o contrario votaronse adiante e nun despiste defensivo marcaron o segundo, que puido ser algun mais, gracias o bo partido feito defensivamente. E cando eles mais se volcaban nunha contra caeulles o cuarto. En resumen creo que un bo partido disputado de principio a fin e cunha gran deportividade por ambas partes.
Ahora toca disfrutar unha semaniña polo menos do liderato gracias o pinchazo do Coristanco.
A disfrutalo rapaces que unha vez o ano non fai dano. (Esperemos sea por mais tempo)

lunes, 20 de octubre de 2008

Destellos de calidade.


Eduardo,un maestro.

Voo rasante do porteiro

Vaia estirada,notase a loita por manter o posto.

Vaia mister


Pillado, o entrenador dandolle de fumar os xogadores.

martes, 14 de octubre de 2008

Os nosos dianteiros en acción.


21-Coimbra.25- Jóse.

domingo, 12 de octubre de 2008